Ribadeo, 1 de marzo, 2026. A AC Francisco Lanza organiza unha viaxe a Ferrol para visitar a cidade, o Museo Exponav e o Castelo de San Felipe, cunha parada gastronómica incluída en Mugardos. O prezo é de 65 € para persoas socias e 75 € para non socias. O número máximo de prazas é de 38 viaxeiros/as, polo que se recomenda inscribirse canto antes.
Itinerario previsto (horarios aproximados):
VIAXE A FERROL · SÁBADO 21 DE MARZO
• 8:00 · Saída da estación de autobuses de Ribadeo.
• 10:00 · Chegada a Ferrol. Parada na Igrexa das Angustias, ao final da Avda. de Esteiro.
• 10:00–11:00 · Café e paseo pola zona leste do barrio da Madalena.
• 11:00–13:30 · Visita guiada ao Museo Exponav (construción naval).
• 13:30 · Saída cara a Mugardos.
• 14:00–16:00 · Xantar. O prato principal será polbo á mugardesa, aínda que o menú completo está pendente de confirmación.
• 16:00 · Regreso a Ferrol.
• 17:00–18:00 · Visita ao Castelo de San Felipe.
• 18:00 · Volta a Ferrol.
• 18:30 · Visita guiada pola zona oeste do barrio da Madalena.
• 20:00 · Saída cara a Ribadeo.
• 22:00 · Chegada aproximada.
Inscricións:
📧 agrupaciónfranciscolanza@gmail.com
📞 699 809 606




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



