Cervo, 31 de marzo, 2026. O Concello de Cervo converterase no epicentro dunha proposta cultural de gran singularidade coa inauguración, este mércores 1 de abril ás 13:30 horas na Casa da Cultura de San Cibrao, da exposición Baleas a Flote: Arte en Madeira e Mar, de Francisco Martínez-Pin. O acto, aberto ao público, marcará o inicio dunha iniciativa que transcende o ámbito expositivo para se converter nunha auténtica viaxe pola historia, a arte e a defensa do medio mariño.
Baleas a Flote constitúe o punto de partida do proxecto Tornaviaxe polo Cantábrico, un percorrido simbólico polos antigos portos baleeiros que unirá Galicia co País Vasco francés, recuperando a memoria colectiva das vilas mariñeiras e poñendo en diálogo o pasado co presente a través da creación contemporánea.
A mostra reúne un destacado conxunto de pezas escultóricas elaboradas a partir de madeira e aceiro recuperados do medio natural, moitos deles procedentes do litoral galego. Esta forma de creación, baseada na reutilización e na reinterpretación de materiais marcados polo paso do tempo e pola acción do mar, sitúa o traballo de Martínez-Pin nunha clara dimensión ecolóxica e de compromiso co entorno.
Cada obra nace dun proceso de escoita e respecto pola materia, no que o artista actúa como mediador para que sexa o propio material quen conte a súa historia. O resultado son esculturas de gran forza simbólica que evocan a maxestosidade dos cetáceos e, ao mesmo tempo, denuncian a pegada da actividade humana nos ecosistemas mariños, especialmente a contaminación por residuos plásticos.
Entre as pezas máis salientables atópanse Leviatán Mariñá, Cachalote Verniano ou Cargueiro de eucalipto de batea, exemplos dunha proposta artística que combina estética, emoción e mensaxe social, convidando á reflexión sobre a necesidade urxente de protexer o noso patrimonio natural.
A dimensión pedagóxica e social do proxecto completarase o propio día da inauguración cun obradoiro creativo dirixido ás crianzas de Cervo, no marco do programa municipal Cervo Concilia. Esta actividade permitirá aos máis novos achegarse á arte a través do uso de materiais reciclados, fomentando valores como a creatividade, o respecto polo medio ambiente e a importancia da sustentabilidade desde idades temperás.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, puxo en valor a relevancia desta iniciativa, sinalando que “esta exposición sitúa a Cervo como punto de partida dun proxecto cultural de gran alcance, que combina arte, historia e unha mensaxe ambiental moi necesaria nos nosos días”.
Así mesmo, destacou que “o compromiso ecolóxico que transmite Baleas a Flote encaixa plenamente coa aposta do noso Concello pola sensibilización e a protección do entorno natural, ao tempo que achega unha proposta cultural innovadora e de calidade á nosa veciñanza”.
En relación co obradoiro infantil, subliñou que “é fundamental implicar ás novas xeracións neste tipo de iniciativas, que lles permiten aprender, crear e tomar conciencia da importancia de coidar o medio que nos rodea”.
A exposición poderá visitarse durante todo o mes na Casa da Cultura de San Cibrao, ofrecendo á veciñanza e ás persoas visitantes a oportunidade de achegarse con calma a unha proposta artística que invita á contemplación, á reflexión e á conexión co mar, e en consecuencia coa nosa historia. Dende o Concello de Cervo convídase á cidadanía a participar na inauguración e a descubrir unha mostra que converte a arte nunha ferramenta de sensibilización, memoria e compromiso co futuro do noso ecosistema mariño.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



