Alfoz do Castrodouro, 31 de marzo, 2026. O Consello da Xunta aprobou onte a proposta de revisión, corrección e actualización do Nomenclátor de Galicia, o documento oficial que recolle todos os nomes das entidades de poboación da Comunidade Autónoma.
Entre as modificacións validadas figura a recuperación da vixencia oficial do topónimo Alfoz do Castrodouro, que volve ao seu uso íntegro tras catro décadas de mutilación administrativa. A pesar desta situación, a denominación lexítima nunca desapareceu da vida social: continuou presente en carteis, festas, creacións artísticas, obras literarias e na memoria colectiva da veciñanza. A forma oficial quedara incompleta desde a entrada en vigor da Lei de Normalización Lingüística de 1983.
Desde a súa creación, o Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) —colectivo que traballa nos dous concellos do val como unidade xeográfica e cultural— mantivo presente esta alteración e considerouna inexplicable. Por este motivo, en 2024 puxo en marcha unha campaña de sensibilización, establecendo contactos co tecido asociativo alfocés e cos grupos da Corporación Municipal. A resposta foi unánime e ilusionante: todas as entidades sociais, culturais, políticas, deportivas e veciñais mostraron o seu apoio á restitución do topónimo completo.
Paralelamente, o SEVA reuniu máis de cen sinaturas de persoas destacadas da Cultura Galega, reforzando a demanda social e simbólica da recuperación. Con este respaldo, o proceso quedaba pendente do informe favorable da Real Academia Galega e da posterior validación institucional.
Hai uns meses, a RAG presentou unha proposta de revisión dun amplo número de topónimos, incluído o do concello alfocés. A proposta foi aprobada pola Comisión de Toponimia da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e finalmente ratificada polo Consello da Xunta o 30 de marzo. Con esta decisión, entra oficialmente en vigor a restitución do histórico nome de Alfoz do Castrodouro, un feito que o SEVA celebra e comparte publicamente.
O Seminario de Estudos do Valadouro expresa tamén o seu agradecemento pola colaboración e boa disposición de colectivos, grupos políticos e veciñanza, cuxa implicación fixo posible este acto de xustiza e desagravio para un concello que hoxe recupera o seu nome completo.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



