Non hai tanto tempo, este concello era adicto ós donuts e ás pipas. Nós xa decíamos daquela que nada bo traería e o tempo danos a razón. O azúcar dos donuts deulles un chute de enerxía e un estado de felicidade a moi corto prazo e das pipas…só quedan as cáscas. Por suposto que a verdadeira razón de tanto consumo, era o ego e as ganas de confrontar á sociedade entre sí, confundir e enganar, enfrentándose sistemáticamente a una Administración. Realmente buscaban a quén responsabilizar para xustificar tanta inacción, inactividade e inoperancia.
A quén lle colle na cabeza que en vinte anos non deu tempo a construír un campo de herba artificial? A NINGUÉN!! Viveiro e Burela dende 2010, Foz dende 2011, A Pontenova dende 2014. Foz e Burela xa están en proceso de renovación mentres que Ribadeo en 20 anos non se preocupou ninguén dos terrenos para canto máis do proxecto.
A quén pretenden enganar? Si nunca tiveron un interés serio!! Facíase todo baixo presión e sin medir as consecuencias. Dende logo que non cuestionamos a renovación do Pepe Barrera, pero sí as formas. Como todo, foi feita á presión e en moitas ocasións non drena ben, moito máis si ven un ano de choiva como o actual, que unido á carga deportiva que acumula, non favorece para nada ó estado do cesped.
Cál é o graniño de area que aporta o bng? Volver enfrentar á sociedade que é o único que se lle da ben. Confrontar ou recoñecer que houbera sido moito máis factible facer primeiro un campo de herba artificial e despóis a renovación do Pepe Barrera e así liberar a este de tanto peso e carga deportiva. Qué duda cabe que confrontar é máis do seu estilo… cada un aporta o que ten.
Que a ninguén lle quepa a menor duda de que o mantenimiento do Pepe Barrera é o axeitado e por suposto que ninguén dubide que este goberno está traballando para que o campo de herba artificial sexa, por fin, unha realidade en Ribadeo, porque nós SÍ traballamos polos intereses dos ribadenses.


















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



