A actuación está financiada con fondos do Plan Único
Cervo, 4 de marzo do 2026. O Concello de Cervo está a executar estes días a renovación integral da capa de rodadura e da rede de abastecemento de auga potable nos lugares de Madeiro e O Penido, en Cuíña, cun investimento total de 169.694 euros procedentes do Plan Único.
A actuación foi supervisada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polo concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, e pola pedánea de Cuíña, Carmen Fernández, que comprobaron in situ como avanzan os traballos.
Con esta intervención preténdese mellorar o firme, deteriorado polo paso dos anos e o intenso tráfico rodado, así como dar resposta ás fugas producidas na antiga rede de abastecemento, que ocasionaban perdas de auga e intervencións de mantemento.
Durante a visita, a alcaldesa destacou que “seguimos investindo na mellora das infraestruturas básicas do noso rural, atendendo ás demandas da veciñanza e actuando de maneira planificada e responsable”. García Caramés subliñou que “con esta obra non só melloramos a seguridade viaria, senón que tamén avanzamos en eficiencia e sustentabilidade, reducindo as perdas de auga e optimizando os recursos públicos”.
Os traballos inclúen a demolición do pavimento existente nos tramos necesarios, a escavación das zanxas, a instalación dunha nova rede con tubaxes de polietileno de alta densidade, a execución de pozos prefabricados e o posterior recheo e comprensión. Así mesmo, repúxose o firme asfáltico con novas capas de macadam e mestura bituminosa en quente, e executáronse actuacións de drenaxe como a apertura de cunetas e limpeza de caños.
Con esta actuación, o Concello de Cervo continúa reforzando o seu compromiso coa modernización das infraestruturas municipais e coa mellora da calidade de vida da veciñanza.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



