Ribadeo, 4 de marzo, 2026. O 25 de febreiro, cinco estudantes do IES Ribadeo Dionisio Gamallo participaron na Olimpiada sobre os 40 anos da adhesión de España á Unión Europea, unha iniciativa destinada a fomentar o coñecemento, a reflexión crítica e o interese polo proxecto europeo entre a mocidade.
Leire Alves Martínez, Aya Bendaoud Kantini, Uxía Díaz Saavedra, Martín García Díaz e Ainara Vega Monteserín, alumnado de 4º da ESO, desprazáronse xunto ao seu profesor de Filosofía, Manuel Yáñez, ata o edificio Redeiras da Universidade de Vigo. Alí, xunto a outros catro centros da comunidade, foron recibidos por Emma Fernández Sánchez, presidenta da Delegación en Galicia do Equipo Europa. Tamén escoitaron a intervención de Mar Rodríguez Mediavilla, subdirectora xeral de Relacións coa UE, e participaron nunha masterclass previa á proba, dirixida por Elisabet de Santiago, técnica municipal do Concello de Tomiño.
A proba consistiu na elaboración dun ensaio sobre cuestións relacionadas co 40º aniversario da adhesión de España á Unión Europea. Nesta fase rexional participaron o IES Salvaterra de Miño, o IES Xesús Taboada Chivite, o IES Monelos, o Instituto de Educación Secundaria Leliadoura e o IES Ribadeo Dionisio Gamallo. A xornada permitiu compartir experiencias e intereses comúns con alumnado e profesorado doutras zonas de Galicia, enriquecendo a práctica docente desde novas perspectivas académicas e vitais. A organización do Equipo Europa en Galicia ofreceu ademais unha alternativa formativa transversal e diferente á rutina habitual dos centros.
A Olimpiada sobre a Unión Europea forma parte do programa Europa na Aula, que inclúe charlas formativas sobre a UE, as súas institucións e os seus valores fundamentais, dirixidas a centros de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Grao Medio de todo o Estado. Trátase dunha iniciativa de ámbito nacional promovida polo Equipo Europa desde 2019.
Os resultados desta fase coñeceranse a mediados de marzo. O centro gañador participará na fase nacional, que se celebrará en Granada do 17 ao 19 de abril. O equipo vencedor viaxará posteriormente a Bruxelas para coñecer as institucións europeas e, xunto co segundo e terceiro clasificado, asistirá o 9 de maio en Madrid á celebración do Día de Europa, onde se entregarán os premios e diplomas da Olimpiada.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



