A alcaldesa Marta Rouco e o concelleiro Luis Fernández visitaron a zona tras rematar unha actuación que completa a mellora desta vía urbana
Vilalba, 16 de marzo de 2026. O Concello de Vilalba vén de rematar as obras de renovación da rúa do Rego, unha actuación que permite completar a mellora desta vía urbana tras a intervención realizada previamente no seu primeiro tramo, no acceso desde o cruce coa rúa Plácido Peña.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron hoxe a zona para comprobar o resultado dos traballos unha vez finalizados.
“Con esta actuación damos continuidade ao traballo iniciado neste ámbito e completamos a renovación dunha rúa que precisaba unha mellora importante para garantir maior seguridade e comodidade no seu uso diario”, sinalou a alcaldesa durante a visita.
A intervención centrouse no segundo tramo da rúa do Rego, desde a altura do número 2 ata o final da vía, cun investimento superior aos 47.000 euros. Os traballos incluíron a retirada do pavimento e das beirarrúas existentes para executar unha nova superficie cunha plataforma única de formigón lavado, nunha área aproximada de 430 metros cadrados.
Neste sentido, Marta Rouco destacou que “este tipo de actuacións buscan non só renovar o pavimento, senón tamén adaptar as rúas a un modelo urbano máis cómodo e accesible para a veciñanza”.
Ademais da nova pavimentación, o proxecto incorporou a instalación dun sistema de recollida e condución das augas pluviais, unha mellora que contribuirá a aumentar a funcionalidade e a durabilidade da vía.
A alcaldesa lembrou tamén que esta actuación forma parte do convenio impulsado desde a Alcaldía coa Deputación de Lugo, que permitiu mobilizar máis de 260.000 euros en investimentos no municipio. “A colaboración entre administracións é fundamental para seguir executando obras que melloran o día a día da veciñanza e contribúen a transformar os espazos públicos da nosa vila”, afirmou.
Nos próximos meses está prevista a instalación de nova iluminación LED e a incorporación de zonas de descanso, completando así a transformación desta vía.
Rouco subliñou que “seguimos traballando para mellorar progresivamente as rúas e os espazos públicos de Vilalba, porque cada actuación contribúe a facer unha vila máis cómoda e agradable para vivir”.
A renovación da rúa do Rego súmase ás diferentes intervencións que o Concello está a desenvolver en distintos puntos do municipio co obxectivo de continuar avanzando na mellora das infraestruturas urbanas e da calidade dos espazos públicos.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



