Allegue destacou que a actuación redundará na mellora da competitividade territorial das comarcas da Mariña e a Terra Cha
Ourol, 3 de marzo de 2026. A Xunta avanza nas obras de mellora da capacidade e seguridade da estrada autonómica LU-540 entre Viveiro e Ourol, nas que inviste un orzamento de 8,2M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe os traballos que se desenvolven neste viario ao paso polo concello lucense de Ourol.
Allegue puxo en valor o investimento do Goberno galego en materia de seguridade viaria co exemplo desta actuación de mellora da capacidade e funcionalidade na LU-540. En concreto, estase a actuar nun treito de 15,5km, polo que discorren unha media de máis de 3.000 vehículos diarios. A intervención inclúe, entre outras actuacións, a rectificación de curvas, novos carrís, a mellora de interseccións e o acondicionamento do firme en todo o tramo.
Na actualidade, están executados en torno a un 50% dos traballos previstos, e rematarase nos vindeiros días os movementos de terras, así como as tarefas de drenaxe transversal, e está lista a rehabilitación estrutural do firme na maior parte do trazado. O obxectivo é mellorar a capacidade e a seguridade deste viario, de xeito que se poderá circular a 90 km/h unha vez rematadas as obras do tramo.
A conselleira destacou que a actuación beneficiará ás poboacións de Ourol e Viveiro, pero tamén ás de Muras e Xermade, “polo que redundará na mellora da competitividade territorial” das comarcas da Mariña e a Terra Cha.
Neste senso, incidiu na aposta da Xunta para seguir vertebrando a comunidade con infraestruturas cómodas e modernas “para seguir avogando por esa Galicia calidade”.
Allegue lembrou que as condicións climatolóxicas especialmente adversas deste inverno amosan a importancia dunha “folla de ruta” como a da Xunta, con planificación e a dotación de recursos para conservación e mantemento das estradas.
Destacou que desde o 1 de xaneiro e ata o 15 de febreiro a Xunta resolveu máis de 1.000 incidencias, en gran medida por este investimento en materia de conservación, este ano cunha dotación orzamentaria récord de 71,6M€. Recordou que a Xunta adxudicou os contratos para desenvolver a conservación, vialidade invernal e revisión de estruturas de paso por 175M€ para catro anos.





















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



