A institución provincial destina preto de 210.000€ a este proxecto que afecta a un treito de algo máis dun quilómetro e que vai desde o inicio da vía LU-P-0610 ata o punto quilométrico 1,422
Lugo, 3 de marzo de 2026. A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana os traballos de renovación do firme dun tramo da LU-P-0610, a vía que conecta as praias da costa de Barreiros. Estas obras afectan a un treito de 1,272 quilómetros, concretamente, o tramo que vai desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 1,422. A empresa que está a realizar estes traballos é Construcciones Isidro Otero SL e o prazo de execución é de 3 meses.
O proxecto, para o cal a institución provincial destina 206.355€, inclúe a reapertura de cunetas, melloras na drenaxe e o alumeado público, a repavimentación con aglomerado. Posteriormente, realizarase o pintado da vía mediante marcas reflexivas brancas, instalaranse os cebreados necesarios nas zonas de aparcamento e colocarase a correspondente sinalización vertical, así como o mobiliario urbano.
Trátase dunha actuación moi relevante para este municipio mariñán xa que esta estrada conta cun elevado volume de tráfico especialmente durante a época estival, ao tratarse do principal acceso ás praias e aos establecementos hostaleiros da costa. Este proxecto mellorará a seguridade viaria e o confort na circulación tanto para residentes como para visitantes.
Esta actuación dá continuidade a outros proxectos que a institución provincial xa acometeu nas vías provinciais ao seu paso por Barreiros. Neste sentido, a Deputación de Lugo xa rehabilitou cun investimento de 210.000€ a totalidade da estrada LU-P-0611, a vía que une o Barrio Novo na N-634 coa Praia de Coto e que ademais conecta directamente coa LU-P-0610. Así mesmo, a Xunta de Goberno do pasado venres aprobou unha nova actuación para mellorar, na súa totalidade, outra vía provincial deste concello mariñán. Trátase da LU-P-0602, que conecta San Cosme coa praia de Barreiros por Remior. As obras, que quedaron licitadas por case 180.000€, inclúen a reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



