A iniciativa está organizada pola asociación Tourette Galicia coa colaboración do Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA
Burela, 12 de marzo de 2026. A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro 11 de abril a I Gala Solidaria Síndrome de Tourette Galicia, unha iniciativa impulsada pola asociación Tourette Galicia co obxectivo de dar visibilidade a esta condición neurolóxica e apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias.
Baixo o lema “Xuntos visualizamos o Tourette”, o evento ofrecerá unha programación cultural e solidaria aberta a toda a cidadanía, na que se combinarán actuacións musicais, sorteos e outras propostas pensadas para todos os públicos.
A gala conta coa colaboración do Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA, así como coa participación de diversos grupos e colectivos que actuarán de forma altruísta. Entre os participantes confirmados atópanse ACM Arume, o alumnado do CEIP Os Castros, Grupo de Cordas, Sen Límites, Fervenza 0,0 e Golpe de Efecto, que ofrecerán unha proposta artística variada.
As entradas poden adquirirse a través da plataforma A Taquilla. Ademais, habilitouse unha Fila 0 solidaria para todas aquelas persoas que desexen colaborar coa causa aínda que non poidan asistir ao evento.
Durante a presentación da gala, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, destacou que “dende o Concello de Burela queremos colaborar con propostas que unen cultura e solidariedade. Esta gala é unha oportunidade para dar visibilidade á síndrome de Tourette e contribuír a que a sociedade coñeza mellor esta realidade”. Gómez sinalou tamén que “a cultura ten unha enorme capacidade para xerar empatía e para abrir conversas necesarias na sociedade”.
Pola súa banda, a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, subliñou que “Burela é un concello solidario e comprometido coas causas sociais”, e explicou que dende o goberno local quíxose apoiar esta iniciativa que contribúe a dar a coñecer a síndrome de Tourette e o traballo que realiza a asociación.
Dende Tourette Galicia agradeceron o apoio recibido para facer posible o evento e a acollida do Concello de Burela durante a presentación da gala. A entidade tamén quixo poñer en valor a colaboración dos grupos musicais participantes, que actuarán de maneira altruísta para contribuír á visibilización da síndrome.
Así mesmo, a asociación destacou o apoio do tecido comercial e empresarial de Burela, agradecendo a colaboración de ABSA, ACIA Burela e numerosos establecementos e negocios locais, que achegaron agasallos para os sorteos que se realizarán durante a gala.
Dende a organización e as entidades colaboradoras animan á veciñanza a participar nesta primeira gala solidaria, que busca converterse nun espazo de sensibilización, apoio e encontro arredor da cultura e da solidariedade.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.


