Burela, 12 de marzo, 2026. A Sociedade Cultural Ledicia convoca o Concurso de Carteis da XL Feira do Bonito, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto de 2026 na zona portuaria de Burela. O certame conta con dúas categorías e está aberto á participación de todas as persoas interesadas.
Categorías
• Categoría A: participantes ata 14 anos (incluídos)
• Categoría B: participantes maiores de 14 anos
Requisitos dos traballos
• O tema debe estar relacionado co bonito e/ou coa Feira do Bonito.
• O cartel debe incluír o texto: “XL Feira do Bonito – Burela, 1 e 2 de agosto de 2026”.
• Técnica libre.
• Medidas: Cat. A: 15 × 20 cm. Cat. B: 50 × 65 cm
• Os traballos presentados en soporte dixital deben incluír tamén unha copia impresa.
Presentación
Os orixinais entregaranse sen asinar, acompañados dun sobre pechado cos datos da persoa participante e a categoría.
Prazo: ata o 13 de abril de 2026
Lugar: Local social da Sociedade Cultural Ledicia (Rúa do Ril, 4 – Burela)
Formas de entrega:
• Presencialmente os luns 6 e 13 de abril, de 20:30 a 21:30 h
• Por correo postal
• Contactando coa directiva no caso de non poder acudir ao local
Premios
• Concederase un premio por categoría.
• O cartel gañador da Categoría A ilustrará o programa de man.
• O da Categoría B será o cartel oficial da XL Feira do Bonito.
• Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e entregaranse o propio día do evento.
Todos os traballos pasarán a ser propiedade da SCR Ledicia. A participación implica a aceptación das bases.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



