O BNG de Ribadeo considera prioritario avanzar nun planificado e continuo mantemento dos bancos, parques, zonas verdes e do mobiliario urbano, co obxectivo de garantir espazos públicos coidados, seguros e agradables para toda a veciñanza.
Nas últimas semanas detectáronse diversos elementos deteriorados en parques e zonas de uso público, unha situación que, segundo a formación, require unha actuación coordinada e sostida no tempo.
O concelleiro Martín Graña sinala que o mantemento do espazo público é “un aspecto básico da calidade de vida”, e aposta por revisións periódicas e intervencións preventivas que eviten que os problemas se agraven.
O BNG propón ao goberno municipal a elaboración dun plan integral de mantemento, que inclúa inspeccións regulares, reparación ou substitución dos elementos danados e unha planificación orzamentaria estable que permita atender as necesidades diarias.
A formación anuncia que levará ao próximo pleno unha moción para instar ao goberno á posta en marcha deste plan, coa intención de que poida ser debatido e mellorado polo conxunto da corporación. Ademais, o BNG expresa a súa disposición a colaborar e achegar propostas para mellorar o estado dos espazos públicos.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



