Barreiros, 5 de marzo de 2026. O Concello de Barreiros segue a dar pasos firmes para que a formación e as oportunidades laborais non sexan unha barreira para ninguén. Grazas ao traballo levado a cabo desde a área de Servizos Sociais nos últimos anos, o convenio de colaboración coa entidade Inserta Empleo (Fundación ONCE) comeza a dar os seus froitos máis tanxibles coa posta en marcha dun curso presencial de Vendedor/a de Estacións de Servizo.
A concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga, sinala que “esta iniciativa nace cun obxectivo claro: que as persoas con discapacidade do noso concello e da contorna poidan ampliar o seu perfil laboral e gañar novas habilidades sen ter que facer longos desprazamentos. Queremos que o talento se quede na casa e que a nosa veciñanza teña todas as ferramentas para atopar un emprego digno e de proximidade”.
Unha formación que coida os detalles
O curso, que se impartirá na Aula CeMIT de San Cosme, contará cun total de 90 horas lectivas. Para o Concello era fundamental que formarse non supuxese un esforzo económico engadido para as familias; por iso, a formación leva asociada unha axuda de asistencia de 11 euros por día. Deste xeito, búscase que as persoas participantes poidan centrarse no máis importante: aprender e abrirse portas no mercado laboral.
Inscrición e contacto
Para poder participar nesta formación, o único requisito imprescindible é que as persoas interesadas estean inscritas na bolsa de emprego de Inserta Empleo.
Para resolver dúbidas así como para solicitar máis información, Inserta Empleo pon a disposición o contacto de Lourdes Expósito, que será a encargada de guiar e resolver calquera cuestión: Teléfono: 634 746 485.Correo electrónico: lexposito.inserta@fundaciononce.es




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



