Viveiro, 31 de marzo, 2026. O BNG de Viveiro manifesta o seu rexeitamento á proposta do Partido Popular para implantar unha taxa de 120,72 euros pola celebración de matrimonios civís, ao considerala “desproporcionada e inxustificada”.
A portavoz municipal, Iria Cotelo, explica que a estimación de custos presentada polo goberno local “non se axusta á realidade”, xa que “os concelleiros e concelleiras non supoñemos ningún custo para o Concello; celebramos as vodas de maneira totalmente desinteresada e sen percibir retribución algunha”. Critican que o cálculo da taxa se basee no tempo dedicado á cerimonia tomando como referencia o soldo bruto da alcaldía.
O BNG cuestiona tamén outros conceptos incluídos na proposta, como os supostos gastos de conserxería e administrativos. Lembran que son os propios edís quen se encargan da apertura e peche das instalacións cando as vodas teñen lugar en fin de semana, mentres que o persoal administrativo tramita os expedientes dentro da súa xornada ordinaria.
O grupo nacionalista subliña que, aínda que os concellos poden establecer taxas por este servizo, non existe obriga legal de facelo e son poucos os municipios que aplican este cobro. Consideran que a recadación sería mínima para as arcas municipais, pero suporía un prexuízo económico para as parellas que optan polo matrimonio civil.
Por todo isto, o BNG propón eximir desta taxa, defendendo que o acceso ao matrimonio civil debe garantirse en condicións de igualdade e sen cargas económicas engadidas.





















Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



