Ribadeo, 18 de marzo de 2026. Acisa Ribadeo ten en marcha dúas campañas neste momento, a do día do pai que se desenvolve do 12 ao 25 de marzo, e os San Patrick’s Days do 13 ao 22 de marzo.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, anima “a mercar no comercio local para o día do pai, San Xosé, as Pepas. En Ribadeo atoparedes todo o que precisades para sorprender nesta data tan especial. Para premiar a vosa fidelidade imos sortear catro premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e dous almorzos en Mareta, en Ribadeo. As persoas que durante este período de tempo realicen as súas compras poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo, que será non presencial e que terá lugar o día 26 deste mes nas instalacións de Acisa, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado entre o 12 e o 25 de marzo. Os gañadores, coma sempre, serán informados por teléfono do premio que lles correspondeu”.
Cruzado Iglesias agradeceu apoio das empresas colaboradoras: “grazas a Bodegas Docampo e a Mareta, que nos doan estes importantes premios para a campaña do día do pai de Acisa, que se poderán desfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento”.
A campaña do día do pai, organizada por Acisa, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego, Bodegas Docampo e Mareta.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, subliña que “nada mellor para celebrar o día do pai que facelo na hostalaría ribadense aproveitando que mañá é día festivo e tamén os San Patrick’s Days, unha novidosa campaña que puxemos en marcha desde Acisa este ano. Iniciouse o día 13 e prolongarase ata o vindeiro domingo, 22 de marzo. A clientela que estes días saboree as cervexas especiais e as propostas gastronómicas que atoparán nos 10 locais participantes recibirán papeletas para participar no sorteo de tres ceas para dúas persoas. O sorteo, que será o día 23 deste mes, realizarase de forma non presencial mediante un programa de xeración de números aleatorios, e os premiados daranse a coñecer ese mesmo día a través das redes sociais de Acisa Ribadeo e dos medios de comunicación”.
E engadiu: “as ceas foron doadas por Kummel, San Miguel e La Solana, aos que desde Acisa agradecemos especialmente a súa colaboración nesta iniciativa. Os premios poderán reclamarse ata o 31 de marzo. Os San Patrick’s Days poden gozarse nos 10 establecementos participantes: Manhattan, Los Dulces de Delphine, La Solana, El Huerto, Kummel, O Furancho no Camiño, O Indiano, Mareta, A Horta de San Roque e Ribanzo”.
Acisa para esta campaña conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Kummel, San Miguel e La Solana.
Mañá, 19 de marzo, festivo autonómico en Galicia, o comercio local asociado estará pechado en Ribadeo, seguindo as recomendacións acordadas por Acisa na súa asemblea xeral deste ano co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar nesta especial data. Desde a directiva indican que “será unha boa xornada para gozar das terrazas, dos paseos tranquilos pola rúa e dos xantares en familia na hostalería local, que sorprenderá, coma sempre, coas súas propostas e coa calidade dos seus produtos do mar e da terra”.

























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



