Ribadeo, 6 de marzo, 2026. O Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca unha manifestación o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, en Ribadeo. A mobilización partirá ás 12:00 horas desde o aparcadoiro da entrada da vila.
O lema escollido para esta edición é “Pola dignificación das mulleres que coidan. Sen coidados non hai vida”. A entidade centra así o 8 de marzo na denuncia da precariedade que afecta ás coidadoras, tanto ás que realizan tarefas de coidado sen relación laboral como ás que si a teñen, declarada ou non. Entre estas últimas, o Observatorio lembra que a situación continúa a ser precaria, con salarios baixos, infravaloración profesional e casos de agresións ou acoso.
Como complemento á mobilización, o Observatorio da Mariña pola Igualdade está a difundir nas súas redes sociais a serie “Poemas para o 8 de marzo”, unha publicación diaria de textos poéticos vinculados ao feminismo e á realidade das mulleres, aberta á participación e aos comentarios da cidadanía.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



