Os concelleiros do PP esixen “clarificar o contrato do servizo de limpeza nos centros escolares e outros centros de titularidade municipal” porque “hai anos que se está a renovar de forma tácita, en contra da lei, sen que o goberno da señora López Moreno fixera o máis mínimo xesto por corrixir esta ilegalidade”
Burela, 25 de marzo de 2026. Os concelleiros do PP de Burela levan ao Pleno deste xoves dúas interesantes propostas para os veciños e veciñas: unha encamiñada a “clarificar o contrato do servizo de limpeza nos centros escolares e outros centros de titularidade municipal” e outra para “instar ao Goberno central a cumprir a promesa da remodelación do cuartel de Burela”.
Coa primeira iniciativa “trátase de sacar a concurso público e transparente o contrato relativo ao servizo que hai anos que se está a renovar de forma tácita, en contra do estipulado na lexislación vixente sobre os contratos do sector público sen que, polo de agora, o goberno da señora López Moreno fixera o máis mínimo xesto para tratar de corrixir esta ilegalidade manifesta”, segundo apunta o portavoz, Manuel Rouco.
Por outra banda, o Grupo Municipal Popular propón ao Pleno instar ao Goberno central, a través do Ministerio do Interior, a “cumprir coa promesa feita no seu día e leve a cabo a tan necesaria remodelación do cuartel de Burela anunciada a comezos do ano 2022 e valorada, por aquel entón, nuns 7M€”.
O portavoz indica que “dende aquela que fixeron unha foto para anunciar o proxecto diante do cuartel, un dos de cabeceira de toda A Mariña dando cobertura a numerosos municipios, nada máis se soubo; a pesar de que o sindicato maioritario do acuartelamento fixo insistentes preguntas ao respecto sen que tivera ningún tipo de resposta”.
Os populares consideran que esta instalación “é fundamental para manter a seguridade da nosa zona” e, tal e como denuncian os propios axentes, lembran que “precisa un axeitado acondicionamento que garanta non só a seguridade e benestar dos propios gardas, senón tamén dos usuarios que acoden ao mesmo”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


