Viveiro, 18 de marzo, 2026. A proposta do BNG para crear un Plan de Mantemento e Mellora Urbana de Viveiro foi rexeitada polo PP e Por Viveiro, o que, segundo a portavoz nacionalista Iria Cotelo, supón “non só a inacción habitual do goberno, senón tamén un estorbo para as propostas en positivo”.
A iniciativa permitiría realizar inspeccións periódicas nos barrios e rúas, escoitar á veciñanza, identificar as necesidades máis urxentes e programar actuacións por fases e prioridades, con datas fixadas no calendario.
Cotelo sinala que “a veciñanza está a padecer un constante deterioro do espazo público e do mobiliario urbano: papeleiras, sinalizacións e postes de alumeado en mal estado; baldosas soltas; parques infantís deteriorados ou espazos que precisan dunha limpeza máis frecuente. Hai que pisar as rúas e escoitar as necesidades da veciñanza, que é quen mellor coñece os problemas da súa contorna”.
Engade que “somos conscientes das limitacións do noso concello, no que gran parte do esforzo de mantemento recae nun persoal moi reducido que apenas alcanza a atender as necesidades do día a día. Precisamente por iso é necesario ir un paso máis alá e traballar cunha planificación que permita avanzar e mellorar o estado do noso entorno”.
O BNG lembra que “é posible facer máis, e nós demostrámolo no goberno: elaboramos proxectos como o da Praza de Abastos, renovamos a fachada do Parque Pernas Peón, deseñamos un plan de liñas frecuentes de bus urbano e elaboramos o plan de accesibilidade. Son exemplos de que planificar é posible, pero para iso hai que querer executar. E o Partido Popular, nin planifica nin executa, limitándose á inacción”.
Segundo o grupo nacionalista, “o PP, arroupado por Por Viveiro, recoñece que non quere facer máis. Pero sen proxectos e sen planificación, Viveiro perde financiamento e oportunidades de avanzar. Durante este ano, o Partido Popular non presentou nin unha proposta inédita, só anuncia iniciativas herdadas”.
Cotelo conclúe que “Viveiro non pode seguir limitado ao plan de festas e festexos, que marcan puntualmente o calendario de actuacións no espazo público. O noso concello merece proxectos máis ambiciosos en canto ao coidado do entorno urbano, tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan. Rexeitar a proposta de mellora do BNG supón que o PP e Por Viveiro lle dean as costas á veciñanza, que reclama con urxencia un cambio no coidado e na imaxe de Viveiro”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



