Ribadeo, 9 de marzo de 2026. Ribadeo pon en marcha unha Aula de Teatro, que botará a andar o 15 de marzo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “na Concellería de Cultura queremos animar a todas as persoas que gustan da interpretación a participar na Aula de Teatro tanto para comezar no mundo do teatro como para mellorar a expresión corporal e a creación de personaxes ou simplemente para gozar coa experiencia de converterse noutra persoa”.
A edil ribadense dixo que “consistirá nunha sesión mensual de 3 horas coa idea de facer unha representación final colaborativa aló polo mes de maio. Este proxecto estará conducido por Rubén Pérez Pombo e Daniel Vázquez Vila”.
Sanjurjo engadiu que “aínda que comezamos en domingo os ensaios seguramente serán os sábados pola maña. Vémonos para comezar o día 15 de marzo ás 10.30 da maña no Teatro”.



















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



