A alcaldesa e concelleira de Igualdade, Marta Rouco, destaca “o compromiso do Concello para sensibilizar, educar e reivindicar o papel das mulleres nesta data pero tamén no día a día”
Vilalba, 3 de marzo de 2026. A alcaldesa e concelleira de Igualdade, Marta Rouco, acompañada pola concelleira Paula Vigo, presentou a programación do Concello de Vilalba para o 8M, Día Internacional das Mulleres, unha proposta que combina actividades abertas ao público e accións formativas nos centros educativos ao longo de todo o mes de marzo.
Rouco destacou que “o 8M é unha data fundamental para lembrar o camiño percorrido polas mulleres e para seguir avanzando en igualdade real”, e anunciou que o domingo 8 de marzo a Praza de Santa María acollerá unha xornada especial pensada para todos os públicos.
Actividades do domingo 8 de marzo
• 11:00 h – Contacontos “Contos en lila”, a cargo de Cris de Caldas, dirixido a público familiar e recomendado a partir de 3 anos.
• 12:00 h – “Praza lila: creatividade e igualdade”, con obradoiro de creación de chapas feministas para público infantil e adulto, e pintacaras para os máis pequenos.
• Durante toda a mañá, as persoas asistentes poderán participar nun photocall coa imaxe da campaña municipal do 8M.
• A xornada pechará co concerto do dueto “Muller”, formado por Noelia Geada e David Taboada, un proxecto de voz e piano centrado na mirada feminina e na reivindicación da muller na música.
A alcaldesa subliñou que esta programación se integra na iniciativa municipal posta en marcha hai case un ano para dinamizar a Praza de Santa María durante os domingos de feira, un espazo que “queremos que pertenza á cidadanía e represente os valores da vila”.
Accións formativas nos centros educativos
Ademais das actividades do domingo, o Concello promove máis de 20 sesións formativas entre o 2 e o 26 de marzo nos centros de educación infantil e primaria do municipio.
• Obradoiro “Libres de etiquetas: o valor de ser ti mesm@”, impartido pola axente de igualdade municipal, Amara Pérez, centrado na igualdade e na ruptura de estereotipos de xénero.
• No IES Santiago Basanta Silva impartirase o obradoiro “Brainrot: limpar o feed de prexuízos”, orientado á reflexión sobre igualdade e redes sociais.
Rouco concluíu afirmando que o Concello aposta por “unha programación que combine sensibilización, participación cidadá e educación, porque a igualdade constrúese cada día e en todos os ámbitos da vida”, e engadiu que “Vilalba é unha vila comprometida e concienciada, e queremos que esta celebración do 8M sexa un reflexo desa realidade”.


















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



