Burela, 26 de marzo, 2026. Nas primeiras semanas de marzo celebráronse os obradoiros interxeracionais do proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, promovido pola Fundación Expomar e financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e polo GALP A Mariña-Ortegal.
Encontros entre xeracións para recuperar a memoria mariñeira
O primeiro obradoiro tivo lugar o xoves 5 de marzo no centro de día Coidando de Vós de Burela, onde cinco persoas usuarias —Julia, María, Wences, Elvira e Josefa— conversaron con seis mozos e mozas do grupo de participación xuvenil da Casa da Xuventude.
A segunda sesión celebrouse o mércores 18 de marzo na Residencia de Maiores de Burela. Alí, os participantes foron recibidos por José, Segunda, Piedad, Jacinto, Benedicto e Consuelo. Acompañando ao grupo estiveron Mario Pillado, tenente de alcaldesa e concelleiro de Mocidade, e José Manuel González “Brais”, xerente da Fundación Expomar.
Historias de vida, tradicións e patrimonio inmaterial
Os encontros resultaron especialmente emotivos. A mocidade da Oficina Municipal de Información Xuvenil puido coñecer o lado máis humano da vida mariñeira: relatos de mulleres de mariñeiros, lembranzas de naufraxios, costumes do mar e mesmo o testemuño dun mariñeiro caboverdiano que compartiu a súa experiencia migratoria.
Todo este material forma parte do obxectivo do proxecto: recoller historias, lendas, contos, receitas e tradicións vinculadas á actividade pesqueira e ao patrimonio inmaterial de Burela.
Un proxecto que une xeracións e sectores
Coñecido popularmente como “Xeración Peixe”, o proxecto inclúe actividades con centros educativos, centros de maiores e entidades sociais. Este venres 27 terá lugar a última acción de limpeza de praias co IES Monte Castelo, tras as realizadas co IES Perdouro e cos CEIPs Vista Alegre e Os Castros, en colaboración con Gaia, o departamento ambiental do Concello de Burela.
Peche do proxecto: Congreso da Infancia e a Adolescencia
Todo o traballo desenvolvido desde outubro culminará no Congreso da Infancia e a Adolescencia, que se celebrará o xoves 30 de abril na Casa da Cultura de Burela. O evento incluirá relatorios e mostras de artesanía, cultura, literatura e gastronomía, amosando o resultado das actividades realizadas ao longo destes meses.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



