O delegado territorial, Javier Arias, destaca que no último ano concedéronse na provincia 70 axudas para “reforzar a calidade e a competitividade dun sector clave para a nosa economía”
Guitiriz, 7 de abril de 2026. A Xunta de Galicia destinou nos últimos meses máis de 4,2 millóns de euros a sufragar actuacións de mellora das instalacións e da eficiencia enerxética das empresas turísticas lucenses ao abeiro de senllos programas impulsados por Turismo de Galicia.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o hostal restaurante “La Casilla”, en Guitiriz, beneficiario de ambas iniciativas o pasado ano. Explicou que no conxunto da provincia concedéronse 70 achegas a establecementos de aloxamento e restauración; dese total, 38 corresponden á convocatoria para mellorar a eficiencia enerxética, cun importe global de 3,7 millóns de euros, e 32 ao plan de axudas para modernizar ou reformar as infraestruturas, por unha contía de máis de 482.000 euros.
Con respecto a esta segunda medida, Arias sinalou que xa está aberta a convocatoria de 2026 e as persoas interesadas poderán presentar as solicitudes a través de sede electrónica ata o vindeiro luns, día 13. Está dotada con 4,5 millóns de euros e o financiamento pode alcanzar o 60% do orzamento previsto ata o importe máximo de 60.000 euros.
O delegado gabou “o pulo do sector e o seu esforzo por ofrecer servizos de calidade en instalacións cada vez máis coidadas e confortables”, e referiuse ao establecemento guitiricense como “un referente na comarca, que se reforza con máis e mellores servizos”. En concreto, nos últimos meses realizaron obras na envolvente térmica e no sistema eléctrico para conseguir un maior aforro enerxético e confortabilidade, e tamén renovaron a zona de xogos infantís.
Na mesma liña, subliñou a aposta do Goberno galego para “reforzar a calidade e a competitividade dun sector clave para a nosa economía”, que abrangue o 11% do total de ocupados na Comunidade.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



