O Vicedo, 24 de abril, 2026. A Asociación Nordés organiza o sábado 25 de abril unha saída cultural que combina patrimonio, tradición e gastronomía nun percorrido entre A Pontenova e Taramundi.
A xornada comezará cunha visita ao obradoiro do artesán J. Rodil, onde as persoas participantes poderán coñecer o proceso de elaboración de navallas artesás. A continuación, realizarase unha visita guiada polo técnico de turismo da Pontenova, que incluirá a exposición mineira Sociedad Minera de Villaodrid e o Museo da Pesca Fluvial.
O programa continuará cun xantar tradicional na Casa Rural Casona de Labrada e tempo libre en Taramundi, onde se poderá visitar de maneira opcional o Museo dos Muiños de Mazonovo. A actividade rematará cunha visita a unha queixería tradicional, con explicación e degustación incluídas.
A saída contará con transporte en autobús con paradas en Loiba, O Barqueiro e O Vicedo. O regreso está previsto arredor das 20:00 horas.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanece aberto ata o martes 21 de abril. O prezo é de 30 euros para persoas socias e 40 euros para non socias.
Para máis información e inscricións, pódese contactar no teléfono 655 17 01 16 ou no correo asociacion.nordes@gmail.com.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



