Ribadeo, 8 de abril, 2026. A Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores fixo público o seu rexeitamento á decisión adoptada no Pleno Ordinario do Concello de Ribadeo do pasado 31 de marzo, no que se acordou a cesión á Xunta de Galicia dos terreos destinados á construción dun novo Centro de Saúde. As parcelas sitúanse fronte á estación de servizo de Repsol, a arredor dun quilómetro do actual centro, que quedaría pechado unha vez entre en funcionamento o novo edificio.
Segundo expón a plataforma, este traslado suporía un prexuízo para a veciñanza ao afastar o servizo sanitario do núcleo urbano, ao tempo que —segundo indican— non se aborda o problema principal: a falta de persoal médico e de enfermaría.
A entidade sinala que, segundo información publicada na prensa o día previo ao pleno, o Concello destinou arredor de 220.000 euros á adquisición das parcelas cedidas á Xunta. Critican que nin nas comunicacións municipais nin na sesión plenaria se detallase o custo final, o que interpretan como unha falta de transparencia. Engaden que a urbanización dos terreos colindantes suporá outros 300.000 euros, segundo datos da Consellería de Infraestruturas.
A plataforma lembra tamén que a zona na que se proxecta o novo centro presenta unha curva de ampla traza e visibilidade limitada, con elevada intensidade de tráfico nas horas de consulta, o que —segundo afirman— podería dificultar os accesos.
Así mesmo, recordan que o 26 de decembro de 2025 a Consellería de Sanidade e o Concello de Ribadeo asinaron un convenio para a construción do novo edificio, cun investimento anunciado de máis de cinco millóns de euros e a incorporación de novos servizos. A plataforma critica que non se fixase referencia ás vacantes de persoal sanitario que continúan sen cubrir.
A entidade resume que leva tres anos advertindo do que considera un “erro histórico”: afastar o Centro de Saúde do casco urbano e da vida social e comercial da maioría da poboación. Engaden que, á vista dos datos económicos coñecidos, interpretan que detrás do proxecto existe unha operación urbanística de máis de cinco millóns e medio de euros, que —segundo expoñen— non resolvería os problemas actuais de atención sanitaria.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



