O deputado do BNG reclama “abandonar a política de recortes encubertos e actuar con responsabilidade para garantir un servizo público esencial en condicións dignas”
Foz, 7 de abril, 2026. Diversas organizacións veñen trasladando preocupación pola situación da oficina de Correos en Foz. Segundo expón o Bloque Nacionalista Galego, o deputado Néstor Rego solicitou ao Goberno medidas que garantan un servizo postal adecuado para a veciñanza, entre elas o reforzo de persoal e a recuperación do horario completo de atención ao público.
Nunha pregunta recente, a formación indicaba que a oficina presenta unha situación deficitaria pola falta de persoal, o que estaría a afectar á calidade do servizo. Segundo o exposto, ás vacantes existentes súmanse baixas e períodos vacacionais sen cubrir, o que incrementa a carga de traballo do persoal dispoñible e reduce os horarios de atención.
O deputado sinala que diferentes colectivos e institucións locais teñen expresado preocupación pola situación e teñen solicitado melloras, como un incremento de recursos humanos e materiais ou a apertura en sábado pola mañá.
Na resposta remitida polo Goberno ao BNG, indícase que o horario e o persoal actual permiten atender o volume de actividade. A formación nacionalista discrepa desta valoración e considera que os reforzos puntuais en épocas de maior demanda non solucionan o que cualifican como un problema estrutural.
O deputado solicita ao executivo estatal aclaracións sobre a cobertura das prazas vacantes e reclama medidas que permitan mellorar o servizo, reforzar o cadro de persoal e recuperar o horario completo de atención ao público.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



