Viveiro, 7 de abril, 2026. Viveiro volverá saír á rúa en defensa da sanidade pública o luns 13 de abril, coincidindo co Día Mundial da Atención Primaria, nunha convocatoria que busca reivindicar este nivel asistencial, considerado por entidades sociais como o eixo fundamental do sistema sanitario.
A concentración celebrarase de maneira simultánea en diferentes puntos do país, convocada por SOS Sanidade Pública, entidade que agrupa plataformas sanitarias galegas e da que forma parte a Plataforma Sanitaria da Mariña.
Na comarca, o lugar escollido para a mobilización é o Centro de Saúde de Viveiro, debido aos problemas de atención que, segundo a plataforma, se manteñen no tempo. O colectivo lembra que o centro conta desde 2020 cunha soa pediatra das dúas prazas previstas e que o número de profesionais de medicina de familia adoita situarse arredor do 50 % da dotación. Estes datos tradúcense, segundo a entidade, en demoras de ata 36 días para obter unha cita de atención primaria.
A plataforma sinala que estas esperas superan amplamente o límite recomendado de 48 horas para unha consulta ordinaria, o que —segundo indican— repercute no seguimento das enfermidades, incrementa a presión noutros niveis asistenciais e xera sobrecarga no persoal sanitario.
A Plataforma Sanitaria da Mariña anima á veciñanza a participar na concentración para reclamar unha atención primaria “de calidade, próxima, equitativa e digna”. A coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, afirma que a falta continuada de profesionais dificulta o desenvolvemento das accións preventivas e comunitarias propias deste nivel asistencial e xera frustración no persoal que tenta ofrecer a mellor atención posible.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



