Viveiro, 11 de abril, 2026. O pasado xoves e venres celebrouse en Viveiro a Semana Santa dos Nenos, un evento no que participaron máis de 250 nenos e nenas de todas as idades nas procesións de cada xornada.
A organización quixo agradecer publicamente a implicación de todos eles, que foron os verdadeiros protagonistas destas celebracións: portaron estandartes, cruces e atributos da Paixón, exerceron como acólitos, tocaron o tambor, caracterizáronse de romanos, vestíronse con mantillas e levaron ás costas 15 imaxes procesionais. As procesións contaron tamén co acompañamento das bandas de tambores da Irmandade do Prendemento, da Confraría do Nazareno dos de Fóra, da Confraría da Piedade, da Irmandade de Mulleres da Santa Cruz, da Banda Naval e da Banda de Campo de Urraca.
A organización expresou igualmente o seu agradecemento pola colaboración do Excmo. Concello de Viveiro, do persoal de obras e da Policía Local; así como da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, da panadaría Mary Carmen, de Flores Regina, de César Cociña e Baños, de Raquel Trasancos Abogados, das confrarías e irmandades colaboradoras e de todas aquelas persoas que, de maneira desinteresada e anónima, tamén achegaron o seu gran de area.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



