Viveiro, 10 de abril, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro presentou hoxe unha moción na que propón conceder a Medalla de Ouro do Concello á Semana Santa de Viveiro, nun recoñecemento que se fai extensivo ao conxunto da cidadanía polo seu papel esencial na conservación e grandeza desta celebración.
Desde o grupo socialista sinalan que a recente edición da Semana Santa volveu evidenciar a súa dimensión excepcional, tanto pola elevada participación como pola importante afluencia de visitantes, consolidándose como un dos principais referentes culturais, relixiosos e turísticos da vila.
A moción destaca que a verdadeira forza da Semana Santa de Viveiro reside no seu carácter profundamente popular e comunitario. Subliñan que esta celebración non se entende sen o compromiso de xeracións enteiras de veciños e veciñas, que manteñen viva a tradición a través da súa participación nas procesións, da colaboración organizativa ou da pertenza ás bandas de música.
O texto tamén pon en valor o labor das cofradías —coordinadas pola Xunta de Cofradías—, das bandas, das persoas voluntarias e colaboradoras, así como da veciñanza en xeral, facendo especial fincapé no relevo xeracional que garante a continuidade desta tradición centenaria.
O Grupo Municipal Socialista considera que é o momento de que o Concello realice un recoñecemento institucional á altura do que representa a Semana Santa de Viveiro, non só como evento, senón como expresión viva da identidade, da historia e do compromiso colectivo da vila.
A proposta recolle que a Medalla de Ouro se conceda á Semana Santa de Viveiro con carácter simbólico e colectivo, facéndoa extensiva ao pobo viveirense, representado na Xunta de Cofradías, nas cofradías, nas bandas de música e en todas as persoas que, de maneira altruísta, contribúen ano tras ano ao seu éxito.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



