Os populares condenan que “o Goberno de Sánchez xa enganara aos veciños e veciños no ano 2020 cando fixo este anuncio” toda vez que “agora pretende escusarse” facendo referencia a “anos anteriores”
Vilalba, 10 de abril de 2026. Os senadores do PP lucense – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano – consideran que “o Goberno de Sánchez se desdí do que prometeu e non pensa facer o novo cuartel da Garda Civil en Vilalba” á vista da resposta oficial ás súas preguntas.
Os populares condenan, ademais, que “en documento oficial eviten responder directamente as preguntas formuladas” e que “en lugar diso, aportan información dun período anterior á data do seu propio anuncio, no 2020, como escusa”. Polo tanto, entenden que “xa enganaron aos veciños e veciñas no ano 2020 cando anunciaron un investimento de 2,8M€ para unha actuación que sabían que non ían acometer”.
Os senadores querían saber en que punto se atopaba o compromiso anunciado polo Goberno de España para a construción dun novo cuartel da Garda Civil en Vilalba en relación ao investimento e calendario de actuacións; así coma os motivos polos que, cinco anos despois, aínda non se materializara. De feito, non consta información pública actualizada sobre o estado do proxecto nin sobre o seu calendario de execución.
Os representantes do PP lucense no Senado lembran que a Garda Civil desempeña un papel esencial na garantía da seguridade cidadá, especialmente no medio rural, onde a dispersión xeográfica e as características do territorio esixen unha resposta áxil e eficaz.
Neste contexto, dispoñer dunhas instalacións modernas, adecuadas e funcionais non só melloraría as condicións laborais e de benestar do persoal destinado no cuartel, senón que tamén permitiría optimizar os tempos de intervención, reforzar a capacidade operativa e mellorar a atención á poboación. Neste caso, na comarca da Terra Chá.
Do mesmo xeito, sinalan que a existencia dun cuartel adaptado ás necesidades actuais contribuiría de maneira decisiva a reforzar a sensación de seguridade entre os veciños e veciñas de Vilalba e dos municipios da contorna, consolidando a presenza do Estado e dos servizos públicos nunha zona estratéxica da provincia de Lugo.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



