Burela, 11 de abril, 2026. O encontro entre Melilla e Burela comezou cun ritmo moi alto e ocasións desde o primeiro minuto. O conxunto local avisou primeiro cun disparo que non atopou portería, e pouco despois chegou a resposta do Burela. No minuto 2, Irene Samper abriu o marcador tras recibir de Amandinha e definir cun xiro dentro da área.
Ana Eliza realizou a primeira gran intervención no minuto 4, desviando co pé un tiro raso de Emilly. No mesmo minuto, Silvia Rubal probou sorte, pero Bía da Silva volveu aparecer para evitar o segundo. No 6, Irene recuperou en campo rival e a capitá do Burela executou un disparo escorado que tamén despexou a gardameta local.
A ocasión máis clara chegou nun roubo de Irene moi preto da área rival: deixoulle o balón a Sandra, que tocou o esférico pero non conseguiu dirixilo entre os paus. No minuto 9, Ana Eliza volveu salvar ao Burela cunha parada dobre ante Bía Souza, primeiro co pé e logo atrapando o balón coas mans.
O Burela mantivo un bo ritmo ante un rival moi potente. Lara tivo unha chegada perigosa tras roubo en media pista, pero a porteira local detivo o disparo. No 13, Ana Eliza evitou o segundo das melillenses cunha parada espectacular, e segundos despois volveu despexar un tiro escorado de Emilly.
No 16, a gardameta brasileira enviou a córner un disparo de Silvina e, pouco despois, outro tiro perfecto de Emilly. No 17, Lari sacou coa cabeza unha chilena de Nega, e Ana Eliza realizou unha tripla parada no 18 ante varios intentos consecutivos do Melilla. A gardameta do Burela volveu aparecer a un minuto do descanso ante Ana Luiza e Amandinha, e de novo a 25 segundos do intermedio desviando outro disparo de Ana Luiza.
Cando todo apuntaba ao 1-0 ao descanso, apareceu Cris Blanco: a xogadora burelense marcou un auténtico golazo a falta de 10 segundos, cun disparo imposible ao segundo pau tras un saque de córner, establecendo o 1-1.
Segunda parte: o Melilla impón o seu ritmo
O Melilla saíu moi forte tras o descanso, acumulando ocasións nos primeiros minutos. No 24 chegou o 2-1, nunha acción desafortunada na que Sandra desviou á propia portería un disparo de Amandinha.
A capitá do Burela estivo preto de empatar nun lanzamento de falta que saíu rozando o pau. Pero o Melilla ampliou a vantaxe con dous goles consecutivos: o 3-1, obra de Irene Samper culminando un contraataque tras pase de Ana Eliza, e o 4-1, de Nega cun xiro e disparo frontal na área.
No 28, Bía Souza enviou ao pau un penalti a favor das locais, pero no 29 chegou o 5-1, un remate de Nega case baixo paus tras pase de Ana Luiza.
O Burela buscou reaccionar con xogo de cinco, alternando a Irene e Lara como porteiras-xogadoras. Ana Eliza evitou o gol de Belén Feal cunha parada espectacular no 29, e o Melilla seguiu defendendo con solvencia ante a presión visitante.
O 6-1 chegou nunha nova combinación entre Emilly e Nega, que rematou á rede de forma similar ao quinto tanto. Xa no último minuto, Sydorenko roubou e disparou, pero a gardameta local atrapou o balón. No último segundo, Lara fixo o 6-2 rematando un pase de Silvia Rubal, pechando o marcador.
Ficha Técnica Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca 6-2 Reyco Burela FS
Torreblanca Melilla (6): Bía da Silva; Laura Uña, Amandinha, Irene Samper, Emilly –quinteto inicial-, Nega, Silvina, Bía Souza, Lydia, Ana Luiza.
Reyco Burela FS (2): Ana Eliza; Cris Blanco, Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Silvia Rubal (C), Sydorenko, Gabi, Macarena, Lari.
Goles: 1-0, min. 1: Irene Samper. 1-1, min. 20: Cris Blanco. 2-1, min. 24: Sandra (PP). 3-1, min. 26: Irene Samper. 4-1, min. 27: Nega. 5-1, min. 28: Nega. 6-1, min. 37: Nega. 6-2, min. 40: Lara.
Árbitros: David Pizarro // Francisco Jesús Comba // Amin El Ouariachi. Por parte do Melilla veu a tarxeta amarela Emilly (26’), por parte do Reyco Burela, Sydorenko (28’).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 24 de 1ª División Iberdrola FS disputado no pavillón Javier Imbroda Ortiz de Melilla.




















Villares, que dimitira hai un ano tras ser denunciado por agresión sexual —unha investigación que foi arquivada ao non atoparse probas—, substituirá no cargo a Javier Arias.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 

