Alfoz, 11 de abril, 2026. A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, mantivo este xoves unha reunión de traballo coa presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, no Pazo de San Marcos, para trasladar as prioridades do municipio en estradas provinciais, Servizo de Axuda no Fogar, emprego e mellora de equipamentos municipais. No encontro participaron tamén o concelleiro Eliseo Lorenzo e a xefa de gabinete provincial, Silvia Pigueiras.
O goberno local expuxo a necesidade de actuar en varios puntos da rede viaria provincial, con especial atención ao arranxo de pontes, á instalación de barandas e quitamedos e á mellora da limpeza e sinalización das vías. Tamén se pediu maior coordinación entre Deputación e concellos.
No ámbito social, o Concello solicitou melloras no financiamento do SAF, cun prezo mínimo que teña en conta a intensidade do servizo, e a transformación do actual plan de fomento de emprego nun plan estable que favoreza a inserción laboral e dea seguridade ás administracións locais.
A reunión abordou ademais a situación das antigas escolas municipais, espazos moi utilizados polo tecido asociativo, para os que se pediu colaboración provincial en tarefas de conservación e mellora.
A alcaldesa valorou positivamente o encontro e destacou “a boa predisposición e a actitude dialogante da presidenta”, así como “un cambio cara a unha forma de traballo máis próxima e colaborativa”. O Concello de Alfoz reafirma o seu compromiso de seguir defendendo ante as administracións aquelas actuacións clave para mellorar a calidade de vida da veciñanza.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



