Ribadeo, 11 de abril, 2026. Na mañá de hoxe, o BNG mantivo unha reunión co sector gandeiro en Ribadeo. O encontro tivo lugar na gandería Casa do Rei, en Vilela, e ata alí se desprazaron o portavoz municipal, Martín Graña, a deputada no Parlamento galego Ariadna Fernández, responsable da área de Gandería e Industrias Agroalimentarias, e o deputado Daniel Castro.
Evitar prácticas abusivas da industria
Durante a interlocución cos gandeiros afectados pola suspensión da recollida nos últimos días, os representantes do BNG explicaron que solicitarán a convocatoria urxente da Mesa do Leite. O obxectivo é que todos os elos da cadea poidan negociar en condicións de igualdade e evitar que a industria adopte decisións unilaterais que deixen ás explotacións sen capacidade de negociación.
Recuperar o Observatorio do Sector Lácteo
A deputada Ariadna Fernández anunciou tamén que o BNG pedirá a recuperación das reunións periódicas do Observatorio do Sector Lácteo, unha ferramenta clave para dispoñer de información actualizada sobre:
– custos de produción
– principais eivas do sector
– ameazas que afectan ás explotacións galegas
Segundo explicou, contar con informes actualizados é esencial para planificar políticas eficaces.
Medidas para compensar custos e favorecer o relevo xeracional
Outra das propostas do BNG é instar á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a adoptar medidas que:
– compensen o incremento dos custos de produción, especialmente en combustible e fertilizantes
– faciliten o acceso á terra e a recuperación da superficie agraria útil
– resolvan con urxencia as axudas de incorporación de mozos e mozas ao sector
– impulsen políticas que garantan o relevo xeracional
O sector gandeiro, un piar da economía local
O portavoz municipal, Martín Graña, destacou a importancia do sector gandeiro en Ribadeo: “No noso concello este sector foi e é un piar básico da economía local, e ten que seguir sendo. Por iso, a posición do BNG será sempre estar ao carón das gandeiras e gandeiros”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



