Neste sentido, o portavoz popular critica a imaxe que ofrece o municipio, especialmente durante períodos de alta afluencia como foi a Semana Santa
Foz, 10 de abril de 2026. O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Javier Castiñeira, denuncia unha nova mostra da “falta de mantemento e investimento” por parte do equipo de goberno encabezado polo señor Cajoto.
Os populares alertan do estado dos cadros xerais do alumeado público e doutras instalacións eléctricas municipais, que se atopan “a vista e en condicións moi perigosas”, sen as debidas medidas de protección. Segundo sinalan, esta situación supón un risco evidente para a seguridade das persoas.
Ademais, Castiñeira denuncia o deterioro das instalacións de rego automático en diferentes zonas verdes do municipio. En concreto, fai referencia aos xardíns de Porto Chico e aos da Casa do Mar, onde as portas dos armarios están desmontadas e os mecanismos quedan expostos.
O portavoz popular subliña que estas zonas están situadas nun dos espazos máis transitados de Foz, no paseo que conecta o porto coa praia da Rapadoira, “unha área moi frecuentada tanto por veciños como por turistas”.
Neste sentido, critica a imaxe que ofrece o municipio, especialmente durante períodos de alta afluencia como foi a Semana Santa. “A imaxe que levan os visitantes é absolutamente mellorable”, afirma, sinalando o estado de abandono de edificios como a Casa do Mar ou o Cenima.
Desde o PP consideran “lamentable” a situación xeral deste enclave turístico, onde, segundo indican, “todo está sen mantemento, con elementos deteriorados e instalacións abertas”.
Por todo isto, Javier Castiñeira insta ao goberno local a actuar con urxencia para reparar as portas dos armarios de rego e, especialmente, para asegurar os cadros do alumeado público e outras instalacións municipais, co obxectivo de garantir a seguridade da veciñanza e mellorar a imaxe do municipio.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



