Xove, 10 de abril, 2024. A Asociación de Festexos O Alto do Cruceiro celebrará o seu 20 aniversario cunha cea‑baile que terá lugar o sábado 25 de abril, a partir das 22:00 horas, no pavillón municipal de deportes do Centro Cívico de Xove.
A entidade organiza este encontro co obxectivo de revivir vivencias, compartir anécdotas e lembrar momentos inesquecibles, favorecendo a convivencia entre diferentes xeracións e reunindo familias e amizades nun ambiente de alegría e nostalxia.
O menú, elaborado pola Pulpería Mario de Viveiro, incluirá empanada, polbo á feira, carrilleiras de porco ibérico ao mencía, carrot cake, café e chupito. O prezo é de 40 euros por persoa e as inscricións estarán abertas ata o 20 de abril.
A velada estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro, que garantirá música e diversión durante toda a noite.
A asociación —que tamén integra a comisión organizadora da tradicional Festa dos Callos do Alto do Cruceiro— convida especialmente a todos os veciños e veciñas da parroquia de Xuances, así como á veciñanza de Xove e a todas aquelas persoas vinculadas á zona ou que desexen gozar dunha noite especial de boa compañía, recordos e emocións compartidas.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



