O portavoz popular, Antonio Ameijide subliña que “os veciños de Cervo coñecen ben a situación de desamparo por parte da Deputación” porque “se negaron a recibir á alcaldesa e tampouco responderon ás súas comunicacións solicitando máis efectivos para garantir a prestación do servizo en condicións de seguridade” o que derivou na non continuación da prestación do servizo do GES, unha actuación avalada pola Xustiza
Lugo, 20 de abril de 2026. O Grupo Provincial Popular esixe á Deputación de Lugo “cumprir coas súas competencias en materia de emerxencias” tal e como recolle a lei e como lle recorda unha sentenza xudicial recente que avala a non continuidade co convenio para o funcionamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo se a Deputación de Lugo non aportaba máis persoal para o seu funcionamento ao entender que a institución provincial é a que ten a competencia.
Á vista de que dende o Partido Popular temos advertido en numerosas ocasións da necesidade de garantir a cobertura deste servizo atendendo ás súas competencias e de que o goberno provincial se teña negado; os deputados provinciais instarán no vindeiro Pleno ao goberno provincial da Deputación de Lugo a impulsar a recuperación dos GES nas zonas que non dispoñen de cobertura e reforzar o persoal e mellorar as instalacións e medios dos parques comarcais do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.
O popular lamenta que tratándose dun servizo de vital importancia, “tivera que ser un Xulgado o que lles recorde ao goberno de PSOE e BNG as súas competencias en materia de emerxencias que levan anos negando a pesar das advertencias do Partido Popular. Pero agora non teñen escapatoria” toda vez que “un xulgado lles recordou o que di a lei: que as Deputacións Provinciais deben garantir a prestación do servizo en Concellos de menos de 20.000 habitantes”.
Antonio Ameijide explica que “os veciños de Cervo coñecen ben a situación de desamparo por parte da Deputación”. De feito, a alcaldesa ten solicitado ao goberno provincial ser recibida polo goberno provincial e ampliar efectivos para garantir a prestación do servizo do GES de Cervo en condicións de seguridade. Pero, PSOE e BNG déronlle as costas durante anos. Incluso nin responderon a ningunha das comunicacións. Todo isto provocou a non continuación da prestación do servizo no municipio, unha decisión avalada polo Xulgado que recoñece que é unha competencia provincial non atendida”.
O portavoz provincial subliña que “o goberno provincial de PSOE e BNG non fixo nada en todos estes anos por atender as emerxencias na provincia”. E incide en que “a Xunta de Galicia está colaborando en máis do 50% e financiando á metade o Consorcio Provincial de Bombeiros”.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



