Balseiro advirte que o PP seguirá “alzando a voz fronte a un Goberno máis preocupado polos seus equilibrios políticos que por garantir o futuro industrial, o emprego e as oportunidades de Galicia e de Lugo”
Madrid, 26 de maio de 2026. O senador do Partido Popular por Lugo, José Manuel Balseiro, denuncia que o Executivo de Sánchez “condena Lugo ao illamento industrial” ao deixar sen rede de transporte o oeste e o centro da provincia.
O Partido Popular logrou este martes o respaldo da Comisión de Transición Ecolóxica do Senado -sen ningún voto en contra e coa abstención do PSOE- a unha moción para esixir ao Goberno de España unha planificación eléctrica “xusta, equilibrada e acorde ao peso enerxético e industrial de Galicia”, fronte ao que cualificou como unha “discriminación política intolerable” por parte do Executivo de Pedro Sánchez.
Durante o debate, o PP denunciou que a actual planificación estatal da rede de transporte eléctrico “condena Lugo ao illamento industrial” ao deixar o oeste e o centro da provincia sen unha soa subestación de transporte eléctrico. “Unha provincia desconectada é unha provincia condenada”, defendeu o popular.
O senador lucense acusou ao Goberno central de “falar de transición ecolóxica mentres abandona industrialmente Galicia” e lembrou que calquera proxecto industrial estratéxico que queira implantarse en amplas zonas de Lugo “non poderá conectarse á rede eléctrica por falta de capacidade”.
Os populares subliñaron a “enorme contradición” que supón que Galicia produza o 8,8 % de toda a electricidade de España e o 29 % da enerxía hidráulica estatal, pero só reciba o 2,8 % do investimento previsto na planificación eléctrica nacional. Ademais, denunciou que, descontando actuacións herdadas ou xa executadas, o investimento real para Galicia “cae nun ridículo 1,6 % do total estatal”.
O PP tamén alertou de que o Goberno apenas atende unha de cada catro necesidades enerxéticas formuladas por Galicia: “A comunidade solicitou máis de 8.000 megavatios de nova capacidade e o Executivo só concede 1.899”.
Así mesmo, os populares denunciaron que zonas de enorme potencial industrial como Curtis e Teixeiro quedan “en antena”: “Chega o cable, pero non chega a capacidade. Hai enchufe, pero non hai electricidade detrás”.
José Manuel Balseiro defendeu que a moción aprobada no Senado supón “un paso importante para esixir ao Goberno central que deixe de tratar Galicia como unha colonia enerxética que produce para todos mentres se lle negan as infraestruturas necesarias para desenvolverse”.
Nese sentido, o PP reclamou máis investimento para Galicia, unha distribución territorial equilibrada da capacidade eléctrica e mecanismos áxiles para conectar proxectos industriais estratéxicos.
Finalmente, os populares advertiron que seguirán “alzando a voz fronte a un Goberno máis preocupado polos seus equilibrios políticos que por garantir o futuro industrial, o emprego e as oportunidades de Galicia e da provincia de Lugo”.
























No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.



