Mondoñedo, 28 de maio. Efectivos do Posto da Garda Civil de Mondoñedo participaron nunha xornada de doazón de sangue no autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) situou detrás da praza da Catedral. Durante a mañá, os axentes, acompañados polo sarxento do posto mindoniense, Ángel López, achegáronse ás instalacións para realizar a súa doazón, un acto altruista que pon en valor a súa implicación coa sociedade, polo que o Concello de Mondoñedo quere amosar o seu agradecemento.
Como parte da corporación municipal, estivo con eles Patricia Otero Doural, concelleira de Turismo, Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá do Concello de Mondoñedo.
Chamamento á cidadanía
O concello mindoniense lembra que a doazón de sangue é un acto necesario que pode salvar vidas, e convida a todas as persoas que poidan facelo a achegárense aos puntos móbiles que o SERGAS habilita nos diferentes concellos.




















Terá lugar este venres 29 de maio ás 17:30 horas no Local Social da rúa Enrique Guzmán. A primeira mesa, dedicada aos diferentes modelos de obter beneficio, contará con Fernando Branco Parga e Quico da Silva do Colectivo Bidán, e co deputado Xosé Manuel Golpe, baixo a moderación da concelleira Paula Gómez. A segunda mesa abordará os beneficios para a veciñanza no desenvolvemento da enerxía eólica en Muras, con intervencións da deputada Olalla Rodil, do deputado Daniel Castro e do alcalde Manuel Requeixo, moderados pola concelleira Azucena Camba.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
A xornada incluirá exhibicións de patinaxe artística e ximnasia rítmica, así como a entrega de diplomas e dun agasallo para todos os nenos e nenas das distintas disciplinas das escolas: voleibol, balonmán, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Será unha tarde especial para recoñecer o esforzo, a ilusión e o compañeirismo amosados ao longo de todo o curso.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.



