A Mariña, 25 de maio, 2026. O fenómeno do glamping deixou de ser unha moda pasaxeira para consolidarse como unha das opcións turísticas con maior crecemento en España. Segundo datos da plataforma líder en experiencias regalo, Aladinia.com, as reservas deste tipo de aloxamentos aumentaron un 17% no que vai de ano.
Este novo xeito de viaxar atrae a un perfil de visitante que busca exclusividade, desconexión e contacto coa natureza, pero sen renunciar ao confort dun hotel de alta gama. O glamping combina o mellor do camping tradicional coa comodidade premium: colchóns de calidade, roupa de cama de luxo, baños privados de deseño, jacuzzis climatizados baixo as estrelas e servizos propios dun cinco estrelas.
Outra das claves do seu éxito é que rompeu coa estacionalidade: grazas á calefacción, ás chemineas e ao deseño pensado para o inverno, o glamping consómese durante todo o ano, especialmente en fins de semana e pontes.
Neste contexto, os usuarios de Aladinia.com seleccionaron os mellores glampings de España, valorando servizos, orixinalidade, localización e actividades próximas. Entre os elixidos destacan dous galegos, e un deles sitúase en Viveiro (Lugo):
🏡 Mi Tesoro (Viveiro, Lugo)
“Para los amantes de la literatura fantástica y de los paisajes de la Galicia profunda, este complejo ofrece apartamentos integrados en el propio paisaje, cubiertos por mantos verdes de vegetación que imitan a la perfección las míticas cabañas Hobbit.”
En Viveiro atópase Mi Tesoro, un complexo turístico único que recrea as míticas cabanas Hobbit, integradas na paisaxe mediante cubertas vexetais que se funden co monte. O resultado é un ambiente acolledor, máxico e inmersivo.
No interior, os apartamentos ofrecen cociña equipada, zona de estar luminosa, baño privado e unha atmosfera cálida, pensada para familias, parellas ou viaxeiros que buscan tranquilidade. A experiencia complétase con ecoturismo activo, rutas a cabalo, paseos en bicicleta e un entorno privilexiado onde o Cantábrico se mestura co verdor galego.
A escapada de dúas noites con almorzo para dúas persoas custa 399,80 € en Aladinia.com.
🌲 Moradas do Ulla (Teo, A Coruña)
“Moradas do Ulla ofrece tres exclusivas cabañas de madera de pino ecológico que combinan un paisajismo impecable con un interiorismo moderno de corte escandinavo.”
A poucos minutos de Santiago, Moradas do Ulla ofrece tres cabañas ecolóxicas con deseño escandinavo, terrazas con almorzo artesanal e un entorno perfecto para parellas que buscan desconectar.
O documento tamén recolle outros glampings destacados en Ávila, Cádiz, Castellón, Albacete, Tarragona, Madrid, Málaga, Murcia, Toledo e Navarra.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



