Burela, xoves 14 de maio 2026. O deputado mariñao Daniel Castro e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Educación de Burela, Mario Pillado, mantiveron hoxe unha reunión coa comunidade educativa do CEIP Vista Alegre, representada pola presidenta da ANPA, Sara Calvo, e polo director do centro, José Manuel Díaz Cabado. O encontro serviu para analizar a situación de deterioro que denuncia o profesorado, as familias e o alumnado, que nos últimos días protagonizaron mobilizacións reclamando solucións inmediatas por parte da Xunta.
Rehabilitación integral e inclusión nos plans de investimento
O BNG fixo súas as reivindicacións do centro e Daniel Castro comprometeuse a trasladalas ao Parlamento. Entre as demandas destacan:
– Falta de accesibilidade, incluíndo a instalación dun ascensor que a Xunta leva anos ignorando.
– Eliminación de barreiras arquitectónicas.
– Melloras de eficiencia enerxética.
-Avaliación técnica completa do edificio, construído nos anos 80 e con materiais xa deteriorados.
– Solución ás humidades presentes en muros e teitos.
– Cuberta para o patio exterior, outra das peticións da comunidade educativa.
Castro insistiu en que o centro “precisa unha rehabilitación integral” e anunciou que solicitará a inclusión urxente do CEIP Vista Alegre nos plans de investimento da Xunta.
Dúas décadas sen resposta e máis centros afectados
Pola súa banda, Mario Pillado lembrou que leva case dous anos agardando por unha reunión coa Dirección Provincial de Educación, sen obter resposta. Agora vén de solicitar unha cita coa Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
O concelleiro advertiu tamén de que outros centros educativos de Burela presentan problemas semellantes, unha situación que o BNG xa trasladou ao Parlamento. “A Xunta anuncia grandes investimentos para a provincia e para a comarca, pero a Burela nunca chegan”, concluíu.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



