Ribadeo, 18 de maio, 2026. A editorial Valín Libros presentará en Ribadeo o próximo sábado, 23 de maio, o libro Antonio Correa Fernández, O Mineiro, que leva por subtítulo Minas, ferrocarrís e outras estruturas mineiras en Lugo.
O acto terá lugar ás 11.30 horas na Sala de exposicións do Campo de San Francisco.
Na presentación intervirán Martín Fernández Vizoso, xornalista e historiador, e Xosé Manuel Valín Barreiro, editor e libreiro de Valín Libros.
A obra inclúe un completo estudo sobre o ferrocarril Ribadeo-Viloudriz, no que se recolle, entre outros datos, a autorización publicada na Gaceta de Madrid o 18 de maio de 1900 para a concesión dun ferrocarril de vía estreita entre Puente Nuevo (Villaodriz) e o cargadeiro metálico de Puerto Estrecho, ao norte de Ribadeo.
O libro recupera o traballo de Antonio Correa Fernández e José María Carracedo Vilanova, Minas da provincia e ferrocarrís máis económicos para a súa explotación (1901), e incorpora estudos de Francisco L. Boluda Barreiro, Manuel A. Hernández Villarino, Manuel Lara Coira, José Carlos Pardo Álvarez e Xosé Manuel Valín Barreiro.
Sobre Antonio Correa Fernández
Nado en Penarrubia (Baralla) en 1862, Antonio Correa foi médico, investigador e apaixonado da minería. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago en 1888, exerceu como médico rural en Furís (Castroverde) e posteriormente en Lugo, onde tamén atendeu de forma gratuíta ás persoas con menos recursos.
A súa curiosidade levouno a rexistrar máis de 40 minas na provincia de Lugo, especialmente en Neira de Xusá, dedicación que, segundo os documentos familiares, lle supuxo máis desgusto que beneficio económico.
Entre as súas obras destaca Historia de fin de siglo. Descripción histórico-geográfica de la provincia de Lugo, recentemente reeditada en edición facsímile por Valín Libros.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



