Alfoz de Castrodouro/O Valadouro, 5 de xuño, 2026. A tradicional Festa de Santa Filomena volverá celebrarse no Cadramón o sábado 20 de xuño. A xornada está organizada pola Asociación Veciñal Santa Filomena do Cadramón, coa colaboración económica da CMVMC do Cadramón.
O programa comezará ás 12:30 horas coa misa na capela, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada polo Dúo Venus.
Xantar popular con prazas limitadas
Ás 15:00 horas terá lugar o xantar popular no campo da festa. As persoas interesadas deberán reservar antes do 14 de xuño, xa que as prazas son limitadas.
Reservas:
Edgar: 639 272 230
Nuria: 646 825 113
Cristina: 680 766 568
Saskia: 662 409 012
O menú, elaborado por Seiramar, inclúe empanada, churrasco, sobremesa, bebida, café e chupito. Prezos: Adultos: 25 €. Nenos/as de 7 a 12 anos: 15 €. Nenos/as ata 6 anos: gratis
A organización destaca que esta iniciativa busca recuperar o espírito das festas tradicionais, nas que as familias se reunían para compartir unha xornada de convivencia.
Música tradicional e verbena
Ás 19:00 horas celebrarase un concerto de música tradicional a cargo de Fol do Raxal de Cervo, unha actuación subvencionada polo programa Tradigalu 2026 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A partir das 20:30 horas dará comezo a verbena, novamente coa música do Dúo Venus.
A organización agradece a colaboración de Seiramar Espectáculos, así como o apoio do Concello do Valadouro, do Concello de Alfoz e de todos os veciños e veciñas que fan posible a celebración un ano máis.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



