Cervo, 5 de xuño do 2026. O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun amplo programa de actividades dirixidas ao alumnado dos centros educativos do municipio, co obxectivo de fomentar a concienciación ambiental e promover hábitos sostibles desde as idades máis temperás.
A xornada contou coa participación do alumnado de Educación Primaria do CEIP Península da Paz nunha actividade de limpeza da praia da Caosa, desenvolvida entre as 10:00 e as 12:00 horas. Esta iniciativa permitiu aos escolares coñecer de primeira man a importancia da conservación dos espazos naturais e da correcta xestión dos residuos.
Un dos momentos máis destacados da mañá produciuse durante a recollida de lixo na praia, cando os participantes localizaron unha corda de varios metros de lonxitude que permanecía soterrada na area. Grazas ao traballo conxunto do alumnado e dos acompañantes conseguiron extraela, sendo necesaria posteriormente a intervención do persoal municipal de Obras para cortala e retirala por completo. Un exemplo práctico que serviu para reflexionar sobre o impacto que determinados residuos poden ter nos ecosistemas costeiros.
Paralelamente, o alumnado de Educación Infantil deste centro participou en diferentes xogos e actividades didácticas relacionadas coa reciclaxe e a separación selectiva de residuos, organizadas en colaboración con Sogama.
No CEIP de Cervo, as actividades continuaron a partir das 12:30 horas cunha charla divulgativa adaptada ao alumnado de Infantil e cunha proposta educativa centrada na identificación de árbores e especies da contorna do río Xunco, fomentando así o coñecemento e o respecto polo patrimonio natural máis próximo.
Como recordo desta xornada e para seguir promovendo a educación ambiental tamén no fogar, o Concello entregou a cada participante un exemplar do libro “Os Bolechas e que se fai co lixo que chega a Sogama”, unha publicación que achega aos máis pequenos o proceso de tratamento dos residuos e a importancia da reciclaxe e da correcta separación do lixo a través dunha linguaxe próxima e divertida.
Nas distintas actividades estiveron presentes a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o concelleiro David Rodríguez, acompañando ao alumnado e participando nesta xornada de sensibilización ambiental.
A alcaldesa destacou a importancia de implicar ás novas xeracións no coidado do medio ambiente: “É fundamental que os nenos e nenas comprendan desde pequenos que cada pequeno xesto conta á hora de protexer o noso entorno. Actividades como estas axudan a crear conciencia e a fomentar valores de respecto e responsabilidade cara á natureza”.
A rexedora sinalou ademais que “a educación ambiental é unha ferramenta imprescindible para construír un futuro máis sostible, e por iso queremos complementar estas actividades cun agasallo educativo como o libro dos Bolechas, que lles permitirá seguir aprendendo sobre o medio ambiente dunha forma amena e adaptada á súa idade”.
García Caramés agradeceu tamén a colaboración dos centros educativos e de Sogama na organización da xornada. “A implicación da comunidade educativa é fundamental para o éxito destas iniciativas, que buscan formar cidadáns cada vez máis conscientes e comprometidos co seu entorno”.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.


