Xove, 6 de xuño, 2026. O Concello de Xove amosa a súa satisfacción e ilusión ante a chegada dunha nova edición da Festa de San Antonio da Rigueira, celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia desde 2023 e considerada un dos grandes referentes festivos e culturais da comarca.
O sábado 13 de xuño, veciños, veciñas e visitantes volverán reunirse nunha xornada na que se mesturan tradición, devoción, música, gastronomía e, sobre todo, o espírito de convivencia que caracteriza esta romaría.
Presentación oficial
Na presentación do cartel participaron: Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove. Dolores Meitín, concelleira de Cultura. Cecilia Duarte, concelleira de Turismo e Medio Ambiente. José Antonio García Fernández e Juan José García Sánchez, representantes da comisión de festas
Unha celebración con fondas raíces
O San Antonio da Rigueira é unha festa cun enorme valor histórico e sentimental para a veciñanza da parroquia e de todo o municipio. Cada ano, centos de persoas da comarca e doutros puntos de Galicia e Asturias achéganse atraídas pola singularidade desta tradición.
O Concello convida a toda a cidadanía a participar, desfrutar das actividades programadas e contribuír a manter viva unha celebración que forma parte esencial da identidade e do patrimonio cultural de Xove. A organización agarda que o bo tempo acompañe e que esta edición volva ser unha xornada inesquecible.
Recuperación dunha tradición emblemática
A romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira foi durante décadas unha das celebracións máis coñecidas de Galicia, ata o punto de que moitas persoas identificaban Xove directamente con esta festa. Consciente da súa importancia cultural e social, o Concello iniciou en 2009 un proxecto de recuperación da romaría, devolvéndolle o protagonismo tradicional e consolidándoa como unha das celebracións máis representativas do municipio.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



