Mondoñedo, 17 de xullo de 2026. O barrio de Os Muíños, en Mondoñedo, prepárase para unha das súas citas máis emblemáticas. A Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños, en colaboración co Concello de Mondoñedo, a Xunta de Galicia, a Taberna O Valeco e co apoio do Palacio Santa Emilia, anuncia a próxima celebración da súa Feira de Artesanía, un encontro que, edición tras edición, reafirma o compromiso coa preservación dos oficios tradicionais e coa promoción do talento local neste enclave único. Terá lugar os días 25 e 26 de xullo.
A feira contará coa participación de máis de 25 obradoiros artesáns de diferentes disciplinas, convertendo as rúas de Os Muíños nun auténtico epicentro de creatividade. As persoas visitantes poderán gozar de demostracións en directo, patrocinadas pola Fundación Artesanía de Galicia, que permitirán coñecer de preto os procesos técnicos e o valor humano que se agocha detrás de cada peza única.
Un pregón de altura: tradición e pensamento
A feira mantén a súa vocación de contar con voces referentes que acheguen unha visión profunda da artesanía como piar cultural. Nesta edición, o pregón aposta por un perfil que conecta a creación artística co benestar colectivo, seguindo a liña marcada por figuras destacadas que participaron en anos anteriores.
A organización lembra con orgullo a intervención de Paula Cabaleiro, exdirectora de Cultura da Deputación de Pontevedra, comisaria de exposicións de referencia e integrante do Consello da Cultura Galega, cuxa participación marcou un fito no evento. Tamén destaca a presenza de Belén Elisa Pérez, presidenta de España Creativa, que achegou unha visión estratéxica fundamental para comprender o potencial das industrias creativas.
Este ano, o honor de abrir a feira recae en Pablo Ortiz de Zárate, recoñecido divulgador que dedicou boa parte da súa traxectoria a explorar a relación entre a arte e a saúde mental. Ortiz de Zárate convida a observar as obras non só como obxectos estéticos, senón como ferramentas para xestionar emocións. Autor do libro El Artesano, a súa intervención será unha chamada a contemplar os oficios desde unha perspectiva humana e necesaria, subliñando o valor terapéutico que reside en cada proceso creativo.
Un encontro para toda a comunidade
A organización anima a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta xornada de convivencia no corazón de Os Muíños, onde a calidade do produto local e a mestría dos artesáns serán as grandes protagonistas.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



