O Concello pon en marcha o 18 de xullo unha programación pensada para gozar do verán en familia, que continuará durante os meses de xullo e agosto con novas festas, xornadas de kaiak e un parque acuático
Burela, 16 de xullo. Burela dará este sábado, 18 de xullo, o pistoletazo de saída ao programa “Verán Acuático” cunha festa na Praia Urbana, unha proposta do Concello destinada a ofrecer alternativas de lecer para todas as idades e a converter os espazos públicos da vila en puntos de encontro durante os meses estivais.
A actividade permitirá que nenos, nenas e familias gocen dunha xornada marcada pola diversión e polos xogos relacionados coa auga, nun dos principais espazos de lecer do municipio durante o verán.
Desde o Concello de Burela anímase á veciñanza e ás persoas que visiten a vila a achegarse á Praia Urbana e participar nesta primeira cita dunha programación que combina actividade física, convivencia e goce dos espazos exteriores.
A deste sábado será a primeira das dúas festas acuáticas previstas dentro do programa, que terá unha segunda xornada o 8 de agosto, tamén na Praia Urbana. A programación completarase con actividades de kaiak os días 12 e 26 de xullo e 16 e 23 de agosto, así como cun parque acuático do 25 ao 28 de agosto na praza do Concello e na praza da Mariña.
O goberno local destaca que “Verán Acuático” nace coa vontade de dinamizar Burela durante os meses de verán e ofrecer propostas atractivas, accesibles e pensadas para compartir en familia e entre amigos.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



