Ribadeo, 13 de xullo de 2026. Antía Gayoso Gayol foi a gañadora da viaxe a México sorteada por Acisa no marco do XI Ribadeo Indiano. Esta ribadense gozará do seu premio o vindeiro mes de setembro.
O sorteo, ante notario, tivo lugar ao remate do concerto ofrecido por Estrellas de Buena Vista y Más no escenario instalado na rúa San Roque.
Ao sorteo asistiron e participaron na entrega do premio o director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, o alcalde, Dani Vega, así como concelleiras e concelleiros ribadenses (Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Montse Seijo, Elena Sierra e Diego Dos Santos), a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e Manoli Torviso, Trinidad Otero e José Ramón Leal, directiv@s de Acisa, e Jorge Fernández, técnico da asociación ribadense.
Acisa agradece a colaboración das administracións públicas “xa que sen a súa axuda este sorteo non sería posible. Grazas á Dirección Xeral de Comercio da Xunta, á Vicepresidencia da Deputación de Lugo e ao Concello de Ribadeo. E grazas tamén aos patrocinadores privados: Alhambra, Banco Sabadell, Caixa Rural, Vitaldent, Gestión Gratelu e Discosta Norte polo seu apoio ano tras ano con esta cita”. O colectivo empresarial ribadense agradece “o dispositivo de seguridade de Protección Civil e o traballo realizado polo persoal municipal mobilizado para a celebración deste evento”.
A pesares da tarde-noite de treboadas e auga que onte viviu Ribadeo o sorteo da viaxe a México celebrouse con normalidade e centos de persoas puideron depositar as súas papeletas na urna instalada ás portas das oficinas de Acisa.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos agradece e destaca a asistencia ao sorteo e a confianza depositada nos negocios asociados. Esta importante campaña desenvolveuse entre o 19 de xuño e a xornada de onte, domingo.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



