O Vicedo, 13 de xullo, 2026. O Vicedo continúa a súa programación de verán con dúas actividades destacadas e a última semana para visitar a exposición dedicada a Kubala.
🚣♂️ Ruta en kayak – Mércores 15 ás 11:00 h
Regresan os mércores de natureza cunha das propostas máis consolidadas: as rutas en kayak. A actividade terá lugar o mércores 15 ás 11:00 h cun percorrido polo porto do Vicedo e pola ría, visitando as principais praias da contorna.
Punto de encontro: o muelle do Vicedo.
Prezo: 20 € por persoa.
🎗️ II Marcha contra o cancro – Domingo 19 ás 11:00 h
O domingo 19 celebrarase a II Marcha contra o cancro, unha ruta solidaria entre a ponte vella sobre o río Sor e a Casa da Cultura do Vicedo.
A inscrición xa está dispoñible en liña e, desde hoxe ata o venres, tamén de maneira presencial na Casa da Cultura entre as 11:00 e as 13:00 h.
Prezo: 10 € (inclúe camiseta).
Tamén se habilita unha fila 0 para quen queira colaborar sen participar na marcha.
🖼️ Última semana da exposición sobre Kubala
A Casa da Cultura acolle a derradeira semana da exposición dedicada a Kubala, un repaso á súa ampla traxectoria no deporte local.
Horario de visita: de 10:00 a 14:00 h e de 19:00 a 21:00 h.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



