Cervo, 9 de xullo, 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, deu este mediodía a benvida aos rapaces e rapazas que participan no II Campus de Verán de Waterpolo, que se celebra ao longo desta semana nas instalacións da Piscina Municipal de Lieiro, da man da Federación Galega de Natación.
No encontro, celebrado en San Cibrao, a rexedora estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, con quen compartiu uns intres cos participantes e co equipo técnico do campus.
A alcaldesa agradeceu á Federación Galega de Natación a súa aposta por Cervo para desenvolver esta iniciativa, que combina deporte, formación e convivencia, e salientou a importancia de que este tipo de actividades contribúan a dinamizar o municipio durante a época estival.
Ademais das sesións específicas de adestramento de waterpolo, os rapaces e rapazas desfrutarán dun amplo programa de actividades complementarias para coñecer o municipio e aproveitar os seus recursos. Neste contexto, este venres participarán na actividade municipal de kaiak que se desenvolverá no peirao de San Cibrao, sumándose así á programación de lecer organizada polo Concello.
Desde o Concello de Cervo deséxanlles unha excelente semana, confiando en que, ademais de mellorar a súa formación deportiva, leven un magnífico recordo da súa estadía no municipio.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



