Ribadeo, 13 de xullo de 2026. Hoxe arrincan as Noites de Verán organizadas pola Concellería de Mocidade e Deportes. Será na pista multideporte cun mini torneo de fútbol sala 3×3, que se desenvolverá ata o mércores, día 15, en horario de dez a doce da noite e cos equipos por categoría de idade (sub 12, 15, 17 e senior). E do 20 ao 22 de xullo tamén pola noite na pista multideporte e nas mesmas categorías terá lugar un mini torneo de baloncesto 3×3.
Mañá, día 14, de 16 a 19:30 horas haberá festa acuática con inchables na auga, kaiak e padel na praia dos Bloques, cita que volverá repetirse o 20 de agosto no mesmo horario e no mesmo areal.
Ademais o 29 de xullo haberá kaiaks de 16 a 19:30 horas; o 30 de xullo no mesmo horario paddel surf; e deslizadores acuáticos o 4 de agosto de 16 a 19:30 horas e os días 5, 6 e 7 de agosto de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á Casa da Xuventude ou chamando por teléfono ao 982 129 889”.
As actividades de verán foron presentadas polo alcalde, Dani Vega, e polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

























A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.


