O torneo disputarase entre o 18 de xullo e o 2 de agosto nas pistas da Marosa
Burela, 13 de xullo de 2026. As pistas de tenis da Marosa acollen un ano máis o Torneo Memorial José Luis Yebra. Na súa duodécima edición, a competición incluirá as modalidades de individual absoluto, con cadro de consolación para as persoas eliminadas no primeiro encontro; dobres absoluto; e individual Xóvenes Promesas, que contará con, cando menos, dúas categorías.
O torneo entregará trofeos e vales de compra para primeira e segunda clasificadas en todas as categorías individuais, mentres que nas probas de dobres haberá trofeos para as parellas campioas e subcampioas. A gran final e o acto de clausura do torneo están previstos para o 2 de agosto.
No marco desta décimo terceira edición tamén se fará entrega dun recordo conmemorativo do XII Aniversario do Memorial J. L. Yebra á familia de José Luis.
O concelleiro de Deportes de Burela, Carlos Méndez Pena, destacou que “este torneo volve converterse nunha cita importante para o tenis no noso concello e mantén vivo o recordo de José Luis Yebra a través do deporte”.
Méndez Pena sinalou ademais que “o obxectivo é ofrecer unha competición aberta a diferentes perfís de xogadores e xogadoras, fomentando tanto a participación como o ambiente deportivo ao longo de dúas semanas de competición”.
Finalmente, o concelleiro convidou “á veciñanza e ás persoas afeccionadas ao tenis a achegarse ás pistas da Marosa para animar ás persoas participantes e vivir de preto este evento deportivo”.
As inscricións para persoas non socias terán un prezo de 10 euros na categoría de individual absoluto, 5 euros por xogador/a en dobres e 5 euros por xogador/a na categoría de Xóvenes Promesas. Para as persoas socias, a inscrición será gratuíta.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



